Inicio Carballo ao día Axenda Primavera en ruta...

Primavera en ruta...

Domingo 29 de maio do 2016 Saída Sede Senda Nova - 9.15h Deporte

Senda Nova

A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello, propón o programa Primavera en Ruta, oito percorridos por Carballo e a contorna para coñecer mellor a nosa paisaxe e o noso patrimonio. O domingo 29 de maio é a quenda da ruta Sons do Anllóns, que estaba prevista para o 3 de abril pero que fora aprazada por mor do mal tempo. De 21 quilómetros de lonxitude, transcorre por Carballo e Coristanco, saíndo de Carballo e terminando en Corcoesto, atravesando lugares como Verdes, o Pazo do Souto, a Pontedona, a Casa da Torre ou Corcoesto.

Podedes inscribirvos até dous días antes de cada roteiro.

+info: 696 155 232 / sendanova@hotmail.com

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D