Monólogo de Tito Rober sobre a "Vida e milagres do zume de laranxa"
Sábado 28 de setembro do 2019 22:30 horas - Cervexaría Beos Cultura
A vida nun colexio privado para un mozo de Ourense de familia humilde, que intenta encaixar nunha clase social que non é a súa, pode estar repleta de vivencias tan terribles como cómicas cando contas co apoio incondicional dunha nai moi preocupada polas vitaminas.
O monologuista Tito Rober é unha das novas promesas do humor galego como poderedes comprobar neste espectáculo ácido, ateigado de ironía e moitas risas que nos achega á nova edición da Rúa dos Contos. Non volo perdades!
Público: Adulto
Entrada: Libre
Duración: 90' apróx.
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo
Programación FIOT28