"Premios Darwin" chega á Rús dos Contos da man de Carmen Conde
Sábado 28 de setembro do 2019 21:00 horas - Cafetería Colón Cultura
A contadora Carmen Conde presenta o seu espectáculo Premios Darwin, unha selección natural de historias que xiran arredor da morte, e que a artista foi recollendo por diferentes lugares de Galicia para debullar algúns dos tabús e das tradicións máis arraigadas da nosa terra.
Relatos de humor negro e real contados a partir dunha entrega de premios ficticios nos que o galardón é unha gadaña. Imaxinas quen son os candidatos/as?
Público: Adulto e xuvenil
Entrada: Libre
Duración: 70'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo
Programación FIOT28