Acto de sinatura do contrato de Acondicionamento e mellora da rúa Martín Herrera de Carballo
Mércores 25 de maio do 2016 Casa do Concello - 13.30h
![Rúa Martín Herrera Rúa Martín Herrera](media/../media/img/rua_martinherrera.jpg)
Rúa Martín Herrera
A Casa do Concello acolle a partir das 13.30 horas o acto de sinatura do contrato de "Acondicionamento e mellora da rúa Martín Herrera de Carballo". A cita contará coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e de representantes da empresa adxudicataria, Construcciones López Cao SL.
O contrato adxudicouse na Xunta de Goberno Local celebrada o luns 9 de maio.