A asociación Íntegro conmemora o Día da Diversidade cun espectáculo de Mamá Cabra
Martes 3 de decembro do 2019 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Participación veciñal
Con motivo do Día Internacional das Persoas don Diversidade Funcional, que se celebrará o 3 de decembro, a Asociación Íntegro organizará unha xornada conmemorativa en clave festiva na Biblioteca Rego da Balsa á que está convidada toda a cativada e as súas familias co obxectivo de desfrutar dun día de música e diversión en familia ao tempo que se achega un modelo de sociedade inclusiva, máis diversa e igualitaria para todos/as.
Ás 18:00 horas, dará comezo a festa co espectáculo de Mamá Cabra, protagonizado por Gloria Mosquera e Diego Maceiras ao acordeón, que nos achegarán “Contos para un mundo mellor”, unha escolma de cancións e historias para seguir avanzando na eliminación dos prexuízos sobre as persoas con discapacidade e que tamén se tratan temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar ou saber dicir NON para fomentar ademais a reflexión sobre os mecanismos necesarios para a paz e a felicidade. Ao remate, haberá unha merenda saudable elaborada polos usuarios e as usuarias de Íntegro. Así mesmo, os/as asistentes que desexen coñecer algúns dos traballos que realizas no centro ocupacional da entidade, poderán facelo visitando un pequeno stand que permanecerá instalado na biblio ao longo da tarde.
Público: Nenos e nenas acompañados/as por unha persoa adulta
Entrada: Con convite (recollida a partir do 27 de novembro)
Organiza: Asociación Íntegro
Colaboran: Concello de Carballo, MáisPorvir, Comunicar e Cultura da Deputación da Coruña