Un documental sobre Pucho Boedo, dirixido por Xurxo Souto, pechará o Galidoc do Casino
Sábado 7 de decembro do 2019 19.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal
A primeira edición do Galidoc organizado polo Casino 1889 chegará esta semana á súa fin coa proxección do documental de Xurxo Souto "Pucho Boedo: Un crooner na fin do mundo", co que se pretende afondar na figura e a traxectoria musical deste gran artista coruñés, considerado todo un mito da música galega.
Foi vocalista das grandes orquestras da cidade. Cos Satélites descubriu en Venezuela a música tropical e cos Tamara, compartiu escenario con Jacques Brell no Olimpia de París. Protagonizou o renacemento da lingua galega na música popular e os seus temas seguen a soar hoxe como auténticos clásicos.
Se queres coñecer con todo luxo de detalles a biografía dun dos artistas máis relevantes do panorama musical galego, non faltes á cita deste sábado, ás 19.00 horas. A continuación, haberá un faladoiro co director do documental, o polifacético Xurxo Souto.
Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Casino 1889