Faladoiro para empresas sobre "Novas obrigas en materia de igualdade"
Xoves 12 de decembro do 2019 20.00 horas - Fórum Carballo
Co obxectivo de acadar a mobilización e a participación de toda a sociedade arredor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e Nenas, que se celebra o 25 de novembro, a Concellaría de Igualdade e Benestar e o Centro de Información á Muller (CIM) elaboraron u extenso e amplo programa de actividades dirixido a toda a cidadanía.
Hoxe, a campaña "Para a cadea! Move ficha contra a violencia machista" chega tamén ao sector empresarial do noso municipio a través do faladoiro para empresas que terá lugar ás 20.00 horas no Fórum Carballo baixo o título "Novas obrigas en materia de igualdade".
Público: Empresarios/as
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organizan: Concellería de Igualdade e Benestar e Centro de Información á Muller (CIM)