Torneo de Fútbol Base da SD Sofán
Do sábado 28 de maio ata o domingo 29 de maio do 2016 Campo do Carral - Sábado e domingo Deporte
Un total de 13 equipos compiten este ano no Torneo Fútbol base SD Sofán que volve despois do gran éxito da cita de 2015. Sofán, Luis Calvo, Paiosaco, Ordes, Laracha, O Burgo, Atlético Coruña, Xuventude Oroso, Calasanz, Oroso, Arteixo, Tordoia, Bertamiráns e o CD Lugo serán os participantes.
O sábado compiten os alevíns e benxamín, de 9.00h ata as 20.30h, con xantar no campo. Porá o broche un grande do fútbol nacional como Javier Manjarín. O domingo será a quenda dos Prebenxamíns e Biberón, empezando ás 10.00h e rematando ás 14.30 coa entrega de premios.