A Asociación Aloumiños convídate a unha conferencia de Ángel Carracedo
Venres 13 de decembro do 2019 20.30 horas - Pazo da Cultura Participación veciñal
Última xornada do IV Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade, organizado pola asociación Aloumiños ao longo do ano 2019. Sen dúbida unha ocasión especial para compartir a experiencia e profesionalidade do doutor Ángel Carracedo. referente mundial en Medicina Xenómica, Legal e Forense.
Entrada gratuita até completar aforo.
Servizo de canguraxe para nenas e nenos, previa petición por teléfono ao 604028730 ou por correo electrónico a asociacionalouminhos@gmail.com