Gastronomía, música e concurso de disfraces na IV Festa do Cocido de Sofán
Sábado 1 de febreiro do 2020 Todo o día - Local social Sofán Participación veciñal

Non hai escusa posible! Este ano non podes faltar á IV Festa do Cocido de Sofán, organizada pola asociación de veciños coa colaboración do Concello de Carballo. E para que ninguén perda a oportunidade de asistir a un dos eventos gastronómicos e lúdicos máis agardados da temporada, os promotores desta iniciativa decidiron adiantarse ao Entroido e ás comilonas propias destas datas cunha celebración por todo o alto que terá lugar o día 1 de febreiro e na que, ademais de degustar un suculento cocido, poderás bailar, cantar e ata participar no concurso de disfraces para nenos/as e adultos que terá lugar pola tarde e co que poderás gañar premios como estes:
Adulto colectivo: 100 €
Adulto individual: cesta de entroido
Infantil colectivo: 100 €
Infantil individual: cesta infantil
Se estás interesado/a en asisitir, chama canto antes aos teléfonos 638 261 459/ 696 676 704/ 637 216 380 e reserva xa a túa entrada.
Público: Todos os públicos
Entradas: 21 € socios/Non socios: 25€; Socios ata 12 anos: 10€/ Non socios ata 12 anos: 12€ e acceso de balde para os menores de 5 anos.
Organiza: AAVV Sofán
Colabora: Concello de Carballo