Dame Area, Fotocopia e Artur M. Puga achégannos á música industrial e electrónica
Xoves 19 de marzo do 2020 21.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal
Dame Area mestura sintes e percusión, música industrial e tribal. A súa música funciona coma un test de Roschard: algúns din que fan Tribal Wave, outros EBM latina, outros que fan Krautrock puro e outros que fan Postpunk Industrial crú.
Silvia Konstance e Viktor L.Crux (colaborador de Nurse With Wound e J.Arbeit de Einstürzende Neubauten) son parte de Màgia Roja, “o selo/sala máis importante de España e quizás un sitio único no mundo enteiro” según The Quietus. Comezaron a tocar en directo e a editar a súa música en 2018 e dende entón o seu calendario de xiras incesantes levou o seu enérxico directo por toda Europa.
Fotocopia, co selo na fronte de Interruptor. Música electrónica agresiva e ruidosa que tenta ser honesta. Ven doutros proxectos coma Monstruo, Uzumaki, Zara ou F.I.G.A.
Artur M Puga é artista sonoro. Ambient e noise traballado en directo a través da síntese modular, síntese granular e as gravacións de campo.
Entrada: 5€ (descoto 10% para socias)
Organiza: Casino 1889