Un stand sobre feminismo para conmemorar o Día da Muller
Domingo 8 de marzo do 2020 Pola mañá - Rúa Coruña
A Concellaría de Igualdade convídate a participar na iniciativa "Feminismo a pé de rúa", que se leva a cabo coincidindo co Día Internacional da Muller e co primeiro domingo de feira do mes de marzo. O obxectivo é achegar o feminismo a toda a veciñanza cun stand onde haberá unha árbore das desigualdades distintas actividades que nos farán reflexionar e transmitir un concepto real do feminismo.
Achégate e participa!