Obradoiro para mulleres "Pedaleando pola igualdade"
Sábado 14 de marzo do 2020 De 11.00 a 13.00 horas - Aparcadoiro Pazo da Cultura
Continúan as actividades programadas pola Concellería de Igualdade arredor do Día da Muller. E este sábado 14 a cita terá lugar no estacionamento do Pazo da Cultura, onde se celebrará o primeiro obradoiro “Pedaleando pola igualdade”, unha actividade na que participará tamén a Concellaría de Mobilidade para poñer en valor a bicicleta como importante elemento de liberación feminina que foi.
Esta iniciativa está aberta á participación de todas as mulleres, saiban ou non pedalear e teñan ou non bicicleta. En función das necesidades haberá máis ou menos obradoiros que rematarán cunha ruta ciclista feminina. Inscríbete xa en carballoennegro@gmail.com ou no número de teléfono 638 274 055.
Organiza: Concellería de Igualdade
Colabora: Concellería de Mobilidade