Concerto do grupo carballés The Cerne para pechar o Verán Cultural
Venres 21 de agosto do 2020 21.30 horas - Rúa Jacinto Amigo Cultura
O atípico Verán Cultural 2020 toca á súa fin cun concerto do grupo carballés The Cerne, que rende Tributo a The Creedence Clearwater Revival. O venres 21 de agosto soará na Rúa Jacinto Amigo Lera rock clásico fusionado con country de finais dos anos 60 cunha das formacións carballesas máis importantes.
The Cerne conta con 7 integrantes: 2 voces solistas, Fany e Lara; Manolo ao teclado, Fran toca o baixo e voces, á batería está Joaquin e tamén fai voces, e 2 guitarras, Jaime e Guillermo, que tamén colabora coas voces. A posta en escea baséase no repertorio do lexendario grupo The Creedence Clearwater Revival, tocando practicamente todos os seus éxitos.
Entrada libre ata completar aforo
Organiza: Concello de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña
Lembra!
- A acomodación do público será exclusivamente en cadeiras.
- O acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar aforo.
- Apertura de portas 1 hora antes do inicio da actividade.
- Os menores deberán estar acompañados por adultos.
- A entrada e saída das instalacións realizarase de forma graduada, por circuítos diferenciados, mantendo a distancia de seguridade e unha vez abandonado o recinto non se permitirá volver a acceder.
- Será obrigatoria a desinfección de mans e o uso de mascarilla para todos os asistentes.