Concerto de Isabel Berrío e Luís Rivera
Sábado 4 de xuño do 2016 Cultura
Rafael Berrío
O programa Curruncho Pop ofrece a última entrega dos seus concertos. Será a quenda de Rafael Berrío (San Sebastián, 1963), cantante e compositor que tocou con Poch na década de 1980 e formou parte dos grupos Amor a traizón e Deriva. O seu maior éxito foi o álbum 1971 editado en 2010. E tamén teremos con nós ao cantautor carballés Luis Rivera, que nos deleitará cunha mostra do seu traballo en acústico.
Prezo da entrada: de balde; pode recollerse convite previo na Biblioteca Rego da Balsa (Teléfono: 981 758 580); enderezo electrónico <biblioteca@carballo.gal>.
Público: Adulto
Organiza: Concello de Carballo