Inicio Carballo ao día Axenda "Pedaleando pola igualdade", curso de...

"Pedaleando pola igualdade", curso de bici para mulleres

Domingo 20 de setembro do 2020 11.00 a 12.30 horas - Aparcamento do Pazo da Cultura

As mulleres de calquera idade que queiran retomar o uso da bicicleta ou mellorar as súas habilidades sobre as dúas rodas teñen unha cita o domingo de 11.00 a 12.30 horas. O aparcamento do Pazo da Cultura será a sede dun obradoiro para mulleres co que se pretende fomentar o uso da bicicleta entre a poboación feminina como un elemento de liberación. Despois da sesión teórico-práctica que impartirán monitores/as do Club Ciclista Carballo, realizarase unha pequena ruta pola contorna para poñer en práctica os coñecementos adquiridos. 

Para participar nesta iniciativa conxunta das concellarías de Mobilidade e Igualdade só é preciso manter o equilibrio sobre a bicicleta. Do resto encargaranse os/as monitores/as. É obrigatorio o uso de máscara e casco.

Inscricións: cccarballo@cccarballo.com
Prazas reducidas

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
29
30