Inicio Carballo ao día Axenda "Patrimonio natural", concerto infantil...

"Patrimonio natural", concerto infantil con Gloria e Tomi de Mamá Cabra

Sábado 17 de outubro do 2020 11.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

"Patrimonio natural" é un dos temas do último traballo editado por Mamá Cabra: "A fraga do meu avó", que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Nesta peza de pequeno formato pensada para as bibliotecas, Gloria Mosquera e Tomi de Mamá Cabra interpretan unha escolla das cancións máis ecoloxistas do grupo.

Esta actividade está dirixida a nenos/as de 6 a 12 anos máis unha persoa adulta acompañante por neno/a.

A inscrición realizarase telefonicamente, no número 981 75 85 80 en horario de apertura da biblioteca (de luns a venres, de 10:30 a 18:30 h.). Como nestas últimas semanas, teredes tamén a opción de seguir a actuación en streaming, nas redes sociais de Bibliotecas Carballo, Concello de Carballo e Cultura Carballo.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D