Charla sobre "O meu eu con Síndrome de Usher" con Chefa Carballo
Sábado 21 de novembro do 2020 20.30 horas - Formato online
Continúa o programa formativo para as familias que organiza a asociación Aloumiños. Para o sábado 21 está programada unha charla online gratuíta titulada "O meu eu con Síndrome de Usher", a cargo de Chefa Carballo, integrante da xunta directiva de Aloumiños, delegada da zona norte de Xoga e responsable en materia de xordocegueira.
Chefa sofre unha enfermedad denominada Síndrome de Usher, polo que ofrecerá conceptos sobre esta temática e contará como convive a diario con esta enfermidade.
Podes inscribirte na ligazón inferior ata o venres 20.