Entramos Pisando Ovos na "Primavera enDanza en Outono"
Venres 27 de novembro do 2020 20.30 horas - Pazo da Cultura, YouTube e Facebook Cultura
Baixo a dirección da creadora e bailarina, Rut Balbís, Directo 9 é a nova proposta da compañía galega Pisando Ovos dirixida a novas linguaxes escénicas, con creación contemporánea, onde os concertos forman parte da sociedade actual, e invita a todos os asistentes a vibrar conxuntamente. Os corpos son propios de atletas, levados a límites físicos, ao desgaste e ao cansanzo extremo, grazas á música dun dj que, unha vez, superado o clímax, descúbrenos a parte máis íntima e persoal dos corpos vacíos, agora máis fráxiles, máis transparentes.
Creación e dirección: Rut Balbís
Interpretación: Fran Martínez, Jas Processor, Cris Romero e Laura Villanueva
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Música e son: Jas Processor
- Duración: 95 min
- Público recomendado: maiores de 14 anos
- Entradas: 4 € / 3 €
- Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura desde 60 minutos antes do inicio da actuación. A venda realizarase por orde de chegada e só poderán adquirirse dúas entradas por persoa. Debido ás restricións sanitarias poñeranse a disposición do público 30 entradas de cada espectáculo.
- Retransmisión gratuíta en streaming nas seguintes redes sociais: YouTube do Concello de Carballo, Facebook de Cultura Carballo e Facebook de Concello de Carballo.