"Alma (non é hippie)", o primeiro espectáculo de Verticalia chega a Carballo
Luns 7 de decembro do 2020 20.30 horas - Pazo da Cultura e streaming Cultura
A compañía de danza Traspediante e a de circo áereo Duelirium únense neste primer proxecto de Colectivo Verticalia, para crear un espectáculo de creación mixta fusionando a danza contemporánea ca técnica área xunto ao teatro físico e o teatro do absurdo. A partir dunha corda que colga do ceo do teatro, Alma (non é hippie) comeza a investigar a través de catro mulleres diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, desde diferentes puntos de vista creando un espectáculo innovador desde a danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.
Dirección e dramaturxia: Rolando San Martín
Creación e interpretación: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas e Mercé Solé
Iluminación: Fidel Vázquez
Vestiario: Fany Bello.
- Duración: 65 minutos
- Público: xuvenil e adulto
- Entradas: 4 € / 3 €
- Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura desde 60 minutos antes do inicio da actuación. A venda realizarase por orde de chegada e só poderán adquirirse dúas entradas por persoa. Debido ás restricións sanitarias poñeranse a disposición do público 30 entradas de cada espectáculo.
- Retransmisión gratuíta en streaming nas seguintes redes sociais: YouTube do Concello de Carballo, Facebook de Cultura Carballo e Facebook de Concello de Carballo.