Xornada do Sindicato Labrego Galego "Que quere o rural de Carballo?"
Martes 15 de decembro do 2020 16.00 horas - Fórum Carballo Participación veciñal
O Sindicato Labrego Galego organizou para o día 15 unha xornada dirixida á militancia, pero aberta á cidadanía en xeral, na que se abordarán as perspectivas do noso concello e da comarca de Bergantiños ante unha nova reforma da Política Agraria Común (PAC). Que quere o rural de Carballo? é o título da iniciativa, na que poderán inscribirse as persoas que o desexen ata completar o aforo máximo permitido.
Máis información:
ordes@sindicatolagrego.com
981 682 908