Inicio Carballo ao día Axenda Exposición a ceo aberto sobre Ricardo...

Exposición a ceo aberto sobre Ricardo Carvalho Calero

Do luns 15 de febreiro ata o venres 5 de marzo do 2021 Praza do Concello Lingua

A Deputación da Coruña e o Concello de Carballo, a través das súas respectivas áreas de Normalización Lingüística, queren, dalgún xeito, resarcir a Ricardo Carvalho Calero da escasa repercusión do Día das Letras Galegas que se lle dedicou no 2020 cunha exposición que axude a difundir o seu legado entre a cidadanía do noso concello.

A mostra está instalada na Praza do Concello, no corredor paralelo á rúa Colón, e consa de 13 paneis nos que se percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero e que permiten coñecer a traxectoria vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol até o peche co titulado "Mestre de Compromisos", onde se fai mención ás distintas homenaxes que recibiu antes do seu falecemento e tamén se recolle unha imaxe do alumnado da primeira promoción de Filoloxía galego-portuguesa da que foi profesor.

A mostra chega a Carballo despois de pasar por Ferrol, cidade natal de Carvalho Calero, e A Coruña, e poderá visitarse ata o 5 de marzo.

Compartir:


- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
3