"Nosa Terra", exposición do artista carballés Antón Díaz "Tucho"
Do mércores 17 de marzo ata o domingo 11 de abril do 2021 18.30 a 21.00 horas - andar -1 do Pazo da Cultura Cultura
A historia da arte é espello da historia dos pobos. Os cambios de ideas e os cambios do xeito de velo mundo refléxanse na historia da arte. Un pobo sen arte é un pobo sen fala. O título da mostra do carballés Antón Díaz, "Tucho", Nosa Terra, alude a un lugar. A un lugar que é noso. Un lugar onde os pinos falan para os bos e xenerosos. Nesta mostra de pinturas nárrase, desde a plástica e o visual, un conto desde a mirada dun neno. Un conto que ten por protagonista a terra regada polo Anllóns, mais tamén á doutros lugares onde a historia é a mesma: A historia dunha nai velliña e soñadora que non pode ser dada ao esquecemento. Que siga rindo e chorando!
Exposición aberta do 17 de marzo ao 11 de abril no andar -1 do Pazo da Cultura.
HORARIO DE APERTURA: DE 18.30 A 21.00 DE LUNS A VENRES