Inicio Carballo ao día Axenda La Quintana Teatro presenta "O premio"

La Quintana Teatro presenta "O premio"

Venres 26 de marzo do 2021 20.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Ano 2050. Nun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tan forte, que as persoas caen en O premio como única fórmula de conseguir a felicidade. O premio é un reality en directo onde o público vota quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”. A compañía La Quintana preséntase por primeira vez ante o público carballés cunha montaxe de creación colectiva, abordando temáticas sociais, sempre dese un punto de interacción co público e tratando temas de actualidade como: as tecnoloxías e as relacións humanas, a procura da felicidade, entre outros.

Intérpretes: Victoria Teijeiro, Raquel Espada e Xurxo Cortázar.
Actrices vídeos: Sheyla Fariña e Antía González.
Voces en off: Gonzalo Faílde e Marián Bañobre.
Deseño de iluminación: Javier Quintana.
Espazo audiovisual: Lucía Estévez.
Espazo sonoro: José Luís Fraga.
Dramaturxia: Santiago Cortegoso.
Dirección: Marián Bañobre.

Duración: 90 minutos
Público recomendado: maiores de 14 anos
Entradas: 4€/3€
Venda anticipada en www.ataquilla.com (con gastos de xestión) a partires do luns 22 de marzo. Venda directa na billeteira do Pazo da Cultura dende 90 minutos antes do inicio do espectáculo.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D