Os Ratos de Lonxedetodo presentan "Paxariños"
Mércores 31 de marzo do 2021 17:00 e 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e redes sociais Cultura
![](media/../media/img/ratos_360x360.jpg)
Os Ratos de Lonxedetodo teñen un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Esperan que dese ovo enorme que nos amosan, naza un paxariño. E fan tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. O conto de Turelí Tureló é un conto poético moi sinxelo que se desenvolve en nove capítulos ou escenas. O seu texto lembra ás cantarelas dos xogos infantís.
Debido ás cirscunstancias sanitarias, as actividades dos Ratos de Lonxedetodo na biblioteca desenvolveranse de acordo ás seguintes normas:
- As actividades terán lugar no auditorio da biblioteca.
- Poderán asistir nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos acompañad@s dunha persoa adulta. Non se poderán crear grupos de nen@s non conviventes.
- Todas as persoas asistentes levarán máscara. Haberá xel hidroalcohólico para lavar as mans antes de entrar.
- Deberedes presentarvos na porta de entrada principal da biblioteca 15 minutos antes do comezo da actividade e agardar en ringleira respectando a distancia de seguridade de 1,5 m. coas outras persoas. O persoal bibliotecario acompañará a cada espectador/-a por orde ata o seu asento.
- Unha vez entredes no auditorio teredes que permanecer no voso asento asignado, e non poderedes volver a saír ata o final da actuación, xa que se perdería o dereito a volver a entrar.
- A saída final realizarase pola porta de emerxencia do auditorio.
- A inscrición realizarase telefonicamente no 981 75 85 80 desde unha semana antes do evento (sempre mércores, agás festivos, que pasarán ao día hábil seguinte). Este ano non se repartirán entradas.
- Como sempre, haberá sesión dobre, ás 17:00h e ás 18:30h. As funcións retransmitiranse tamén por streaming (Facebook e Youtube da nosa biblioteca, de Cultura Carballo e do Concello de Carballo).