A música das árbores: música e contos con Servando Barreiro
Xoves 16 de xuño do 2016 Pazo da Cultura - 18.00 h. Lingua
Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as polas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet.
- Participación: máximo 50 nenos/as de 2-6 anos, acompañados/as dunha ou dúas persoas adultas, por orde de inscrición.
- Inscrición previa de balde desde o día 6 de xuño no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico <nelvidal@carballo.org>.