Inicio Carballo ao día Axenda Inauguración da exposición Mare...

Inauguración da exposición Mare Mágnum

Venres 10 de xuño do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h. Cultura San Xoán 2016

Mare Mágnum

A Sala de exposicións Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura acolle o acto de inauguración da exposición colectiva de creadores e creadoras vinculados a Carballo "Mare Mágnum". Cada ano unen a súa creatividade para expoñer durante as festas de San Xoán unha escolma do seu traballo. A cita contará coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; da Concelleira de Festas, Mar Eirís; de membros da Comisión de Festas de San Xoán 2016; e dos autores que compoñen dita mostra. A cita estará amenizada polo grupo Chicharrón.

Os creadores e creadoras que participan na mostra son os seguintes: Adriana Díaz, Ama, Antonio Taracido, Cristina Castro, Emilia Rodríguez, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Laura Tova, Lola Oviedo, Manuel Eirín, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Peter Kramer, Risé, Santi Picos, Teresa Candal e con Paco Souto, Viki Rivadulla, Nolo Suárez e Peter Schneider como artistas convidados/as.

A exposición poderá visitarse en horario de 17.00 a 20.30 horas até o 30 de xullo.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D