Inicio Carballo ao día Axenda O feminismo sae a escena nas Residencias...

O feminismo sae a escena nas Residencias Paraíso

Venres 16 de xullo do 2021 11:00 a 13:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

O programa Residencias Paraíso cumpre cinco anos, e o Concello de Carballo está dende o primeiro colaborando co Colectivo RPM, unha entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia. O Pazo da Cultura abriu de novo as súas portas para acoller e impulsar un dos oito proxectos artísticos que se desenvolverán nesta edición, e que ten como protagonistas a Marta Valverde e Hella Spinelli. 

As Residencias Paraíso pretenden, de feito, fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, tanto para artistas de Galicia coma do resto do territorio estatal. Como parte do traballo que están a desenvolver Marta Valderde e Hella Spinelli no Pazo da Cultura inclúense dous encontros nos que se pretende crear un espacio non mixto e seguro para investigar xuntas sobre a muller e a sexualidade feminina no mundo contemporáneo.

O primeiro será o venres 16, de 11:00 a 13:00 horas no Pazo da Cultura. 
Máis información en oficina.rpmcolectivo@gmail.com

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31