Sesión informativa sobre a nova tarifa eléctrica
Luns 19 de xullo do 2021 19:00 horas - Fórum Carballo
O Instituto Galego de Consumo e da Competencia ofrece Fórum Carballo unha charla informativa sobre a nova tarifa eléctrica. A sesión forma parte dunha campaña que se está a levar a cabo en toda Galicia para achegar á cidadanía información sobre os cambios que se están a producir na tarifa e na factura eléctricas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.