"Diario de navegantes", concerto de Budiño & Pablo Novoa
Venres 30 de xullo do 2021 22:00 horas - Rúa Jacinto Amigo Cultura
Budiño e Pablo Novoa son dous piares fundamentais da música de Galicia que colaboran nun novo proxecto artístico conxunto, un cara a cara musical, cada un coa súa propia obra, que configura a historia musical dunha terra.
A amizade e complicidade entre ámbolos dous é o eixo deste concerto, onde existe tamén unha identificación telúrica natural, o feito de nacer no mesmo Mar da Ría de Vigo.
O repertorio de Diario de navegantes é unha alternancia dos moitos éxitos dos dous creadores, mesturado con novas músicas creadas expresamente para este espectáculo e versións que marcaron a vida musical de cada un deles. En todas as cancións, un fúndese no outro para ofrecer versións novas.
Mentres o mundo xira á deriva, a viaxe con estes dous navegantes pode ser unha gustosa andaina polo mundo da música de raíz, do pop, o rock e a vangarda musical galega.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña