Obradoiro de pintura para nenos e nenas de 6 a 11 anos
Domingo 22 de agosto do 2021 10.00 a 14.00 horas - Rúa Bos Aires Cultura
Dentro das actividades complementarias do festival "Derrubando muros con pintura - Edición verán 2021" está programado un obradoiro de pintura para nenos e nenas. Celebrarase de 10.00 a 14.00 horas. en dúas quendas: de 10:00 a 11:45 e de 12:00 a 13:45 h. Os/as participantes terán a oportunidade de pintar un novo mural na rúa Bos Aires coa axuda dos e das artistas participantes nesta edición estival do programa de arte pública do Concello de Carballo.
- Público: nenos e nenas de 6 a 11 ano.
- Aforo máximo de 10 cativos/as por quenda. As admisións realizaranse por orde de solicitude.
- As inscricións realizaranse a partir do xoves 12 de agosto a través dun formulario online que estará dispoñible en www.derrubandomuros.gal e tamén pode pedirse máis información en turismo@carballo.gal e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402.