Ruta solidaria a pé polas rutas do proxecto Cicl-Ando Carballo
Venres 17 de setembro do 2021 19.00 horas - Saída do Gadis Híper
O venres 17 celebramos unha andaina solidaria polas sendas do proxecto Cicl-Ando, coa colaboración da Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame). Será un percorrido duns seis quilómetros.
A finalidade solidaria do evento é axudar ao desenvolvemento do proxecto “Adianthe”, que está a levar a cabo o Grupo de Investigación en Oncohematoloxía do Servizo de Hematoloxía do CHUS, e que ten como finalidade o desenvolvemento da intelixencia artificial para o tratamento personalizado do cancro hematolóxico. Con esa finalidade, Asotrame instalará unha mesa informativa no punto de saída e abrirá unha fila 0 para as persoas que queiran colaborar.
Nesta actividade contaremos coa colaboración da área de Deporte para difundir entre as persoas asistentes información básica sobre o beneficio do exercicio para a saúde. As persoas que queiran participar poden inscribirse enviando os seus datos (nome e idade) a comunicacion@carballo.gal ou no propio punto de saída, onde se entregará material para a ruta a todos/as os/as participantes.