Calvo Escola Lubiáns e HC Telecable Gijón disputan o Trofeo Concello de Carballo de hóckey
Sábado 9 de outubro do 2021 19.30 horas - Pavillón Carballo Calero Deporte

O sábado 9 de outubro dispútase o Trofeo Concello de Carballo de hóckey a patíns, un torneo amigable que enfrontará ao equipo local, Calvo Escola Lubiáns, contra o HC Telecable Gijón. O partido terá lugar no pavillón Carballo Calero ás 19.30 horas.
O HC Telecable Gijón tamén está encadrado no grupo Norte da Ok Liga Bronce, na que tamén xogan os carballeses. O Calvo Escola Lubiáns afronta este encontro con moitas ganas, xa que será o último partido antes do comezo da Ok Liga Bronce o vindeiro sábado 16 de outubro cun partido na casa fronte a Oviedo Roller.
Os representantes da Escola Lubiáns, que presentaron o cartel do torneo acompañados polo concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, agradeceron ao Concello de Carballo "o esforzo e a dedicación coa que tratan de colaborar cos proxectos deportivos de Carballo".
