Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do libro "Pioneiras da...

Presentación do libro "Pioneiras da ciencia en Galicia"

Martes 8 de marzo do 2022 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Benestar

Abrirse camiño profesionalmente, aínda máis. E moi en especial en sectores, aínda a día de hoxe, moi masculinizados, como o da investigación científica. Pioneiras da ciencia en Galicia, de Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland, aborda o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país. Conta, pois, a súa epopea para ser tomadas en serio nese mundo de homes en tempos, incluso, en que se dubidaba da capacidade intelectual das mulleres para poder entender as máis básicas cuestión da vida. No camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico, as mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…

O acto, que forma parte da programación do Día da Muller, terá acceso libre e de balde ata completar aforo.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31