Inicio Carballo ao día Axenda Concerto de folk fusión a cargo do...

Concerto de folk fusión a cargo do trío vigués Caldo

Venres 11 de marzo do 2022 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Concerto de folk fusión a cargo do trío vigués Caldo. Melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas. Creado con agarimo, Caldo resulta un prato musical delicioso, formado por ingredientes cunha fusión natural que vai directa ao público, apostando pola composición de temas propios e a revisión do repertorio tradicional galego, poñendo o foco na aldea de Moscoso (Pontevedra) como fío condutor do álbum. Directo que desprende en esencia a enerxía dunha das grandes revelacións do panorama musical galego, o que os levou a recibir o "Premio Martín Códax da Música" na categoría de Folk e o 1º premio no Concurso Fran Pérez "Narf" da Deputación da Coruña.

Intérpretes: María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra).
Duración: 1 h 10 min
Prezo da entrada: 3 € / 2 €
VENDA ANTICIPADA: www.ataquilla.com A compra anticipada de entradas a través de www.ataquilla.com supón gastos de xestión.
VENDA DIRECTA / BILLETEIRA: Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura, desde 90 minutos antes do inicio da actuación

Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D