O proxecto poético musical "Desnortadas", no Curruncho Pop
Sábado 7 de maio do 2022 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
Desnortadas é unha proposta poético-musical que xorde do último poemario da autora carballesa Rosalía Fernández Rial, Desnortada (Espiral Maior, 2021), que desta volta inclúe un cd con varios dos poemas musicados pola autora, acompañada pola virtuosa acordeonista asturiana María Álvarez Santiago (Maraya Zydeco), considerada como unha das mellores de Europa.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.