Inicio Carballo ao día Axenda O Tour Enredando de Cruz Vermella achega as novas...

O Tour Enredando de Cruz Vermella achega as novas tecnoloxías ás persoas maiores

Mércores 9 de marzo do 2022 11.00 a 13.00 horas - Praza do Concello Benestar

Cruz Vermella levará a cabo en diferentes puntos da provincia de A Coruña o proxecto “Enredando”, unha iniciativa de capacitación dixital que xorde para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.

Dende o 17 de febreiro ao 08 de abril, un total de 13 localidades serán os escenarios nos que se vai a desenvolver esta actividade, que aposta por apoiar ás persoas maiores e sensibilizalas no uso das tecnoloxías, así como axudalas a derrubar os temores e inseguridades que poidan ter ao respecto.

Contidos formativos

A acción conta cunha aula móbil na que se ofrecen contidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías. Unha furgoneta súper equipada transporta os smartphones, portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes… e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade tecnolóxica más doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá. As persoas maiores que participen poderán traballar nalgún dos seguintes contidos: 

  • Internet. Que é internet? Para que nos serve? Como podo buscar e coma o fago? Correo electrónico e outras formas de comunicarnos.  
  • WhatsApp. Como instalar WhatsApp no teléfono? Uso de WhatsApp. 
  • Páxinas web de interese. SERGAS. Banca electrónica. Compras online.

No espazo das formacións daráselle o apoio dixital que precisen e se quedan con dúbidas ou queren realizar algunha consulta, teñen a opción de recibir asesoramento continuado. Achégate o día 9 ata a Praza do Concello ou avisa aos teus maiores para que o fagan.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31