Actuación da compañía sevillana Atalaya Teatro
Xoves 17 de marzo do 2022 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura
Celestina, la tragicomedia é unha das obras cumes da literatura dramática castelá pero cunha temática e boa parte da súa estrutura que resultan rabiosamente actuais. A iso engadímoslle a modernidade dunha Melibea rebelde, insubmisa e lúcida, dona do seu propio destino, que nada ten que ver coa que se nos mostrou durante séculos e que forma parte da galería de personaxes femininos inesquecibles da literatura castelá.
Camiño de tres décadas de existencia, a compañía sevillana Atalaya é un referente inequívoco do teatro en España. En 2008 obtivo o Premio Nacional de Teatro e coa Celestina, la tragicomedia obtivo un gran éxito dende a súa estrea, participando nun sen fin de festivais nacionais e internacionais.
Autor: Fernando de Rojas. Intérpretes: Carmen Gallardo, Lidia Mauduit, Raúl Vera, Jerónimo Arenal, Silvia Garzón, Manuel Asensio e María Sanz. Espacio escénico: Ricardo Iniesta. Música: Luis Navarro e temas populares. Coros e voces: Esperanza Abad. Axudante de dirección: Sario Téllez. Dirección e adaptación: Ricardo Iniesta.
Duración: 1 h 45 min
Público: A partir de 14 anos
Prezo da entrada: 4 € / 3 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios