Presentación literaria e concerto de Nüca
Do venres 18 de marzo ata o sábado 19 de marzo do 2022 Casino1889 Cultura
No Casino1889 despiden o inverno con dúas actividades.
O venres18, presentación de Un billete de ida, a primeira novela -dispoñible xa nas librarías- de Raquel Fariña Veiga, unha escritora natural de Carballo. As persoas asistentes falarán con ela sobre esta obra, que nos mergulla nunha inquietante aventura ao máis puro Stephen King, e sobre moitas outras cousas. Será a partir das 20:30h, con entrada libre ata completar aforo.
O sábado día 19, a partir das 22h, concerto de Nüca, o proxecto musical en solitario de Pablo Saenz Carballeira, compositor e produtor ferrolán. Nüca arrinca en 2019, cando Pablo decide dar o salto á música electrónica tras pasar por outros estilos, como o krautrock ou o postpunk. Na súa propia casa, cun 8 pistas e axudándose de sintetizadores, caixas de ritmos, samples e o seu TR8, grava diversas maquetas, demos e un LiveSet para as súas actuacións. Nüca combina na súa música as súas antigas referencias co deep-house, o techno e a música experimental.
Doazón para o artista: 4.5€ socias (5€ público xeral)
Reserva de entradas: casino1889@gmail.com