Francisco Rodríguez presenta "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza"
Xoves 24 de marzo do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
O xoves 24 de marzo ás 20.00 horas presentaremos na Biblioteca Rego da Balsa a obra de Francisco Rodríguez, Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV), editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración da Fundación Galiza Sempre.
Trátase do volume I dunha obra, A relevancia do reino medieval galego, que, ao longo de 544 páxinas e nunha coidadísima edición, percorre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza, e a crise da segunda metade do século XIV.
Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia, aspecto no que a entidade editora conta con experiencia dabondo.
No acto, o autor estará acompañado polo historiador Xan Fraga.