"Mercedes máis eu", o novo espectáculo de Janet Novás con Mercedes Peón
Sábado 30 de abril do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura
Mercedes máis eu é un traballo de colaboración da artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón na que ambas exploran as relacións que existen e se establecen entre a súa danza e a súa música dando lugar a unha viaxe emocional cargada de beleza e creatividade. Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes afloran conceptos do bagaxe de ambas, algúns deles de gran contido socio-político, outros biográficos ou experiencias cuánticas. O traballo é unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/ saber artístico.
A coreógrafa, bailarina e performer Janet Novás únese nesta ocasión a unha das compositoras máis carismáticas do noso país, Mercedes Peón.
Autoría: Mercedes Peón e Janet Novás.
Dirección e adaptación: Janet Novás.
Elenco: Janet Novás e Mercedes Peón.
Deseño de iluminación: Cristina Bolívar.
Deseño son: Ezequiel Orol.
Música: Mercedes Peón.
Duración: 1 h 5 min
Público: Adulto
Prezo da entrada: 5 € / 3,5 €
Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios