Inicio Carballo ao día Axenda "A virxe roxa", segunda...

"A virxe roxa", segunda proxección do Ciclo Mestre Mateo

Venres 29 de abril do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Carballo volve a converterse nun centro de referencia audiovisual, xa que é o único concello da Costa da Morte e un dos poucos da provincia incluído no circuíto de proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, que achegará o máis destacado do cinema galego actual a un total de 19 localidades da comunidade autónoma. A Concellaría de Cultura sumouse á iniciativa, promovida pola Academia Galega do Audiovisual co apoio das catro deputacións provinciais e da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, para facilitar o acceso da veciñanza do noso concello e tamén de toda a contorna ao cinema galego máis actual, poñendo en valor deste xeito o talento creativo do sector audiovisual, favorecendo o achegamento á nosa cultura e ao noso idioma a través do cine e contribuíndo á diversificación da oferta cultural.

Este mes poderemos ver A virxe roxa, gañador do premio ao mellor documental nos XX Premios Mestre Mateo e finalista na categoría de mellor montaxe, e premiado ademais en festivais internacionais como DOCA ou Blackboard.

A virxe roxa fainos viaxar a xuño de 1933, cando un suceso conmociona á España da época: Aurora Rodríguez Carballeira acaba coa vida da súa propia filla de 18 anos de 4 disparos. Non se trataba dunha moza calquera. Hildegart Rodríguez era unha nena prodixio da política, unha precoz intelectual e pioneira do feminismo en España. A súa historia vai máis aló do que se coñece pola súa imaxe pública. Ademais dun prodixio, Hildegart Rodríguez era un produto, unha creación, un proxecto que tiña como finalidade traer ao mundo á muller do futuro. O mito de Frankestein faise realidade nunha España ás portas da guerra civil.

A proxección realizarase o venres 29 de abril, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D