Inicio Carballo ao día Axenda Vieiro achega a Apem e Aspaber o seu programa...

Vieiro achega a Apem e Aspaber o seu programa “Des-Conecta”

Luns 23 de maio do 2022 10.00 e 11.30 horas - Sedes das entidades Benestar

O 23 de maio, ás 10:00 horas, na sede da Asociación Pro Enfermos Mentais (Apem), e ás 11:30 horas na Asociación de pais/nais de persoas con diversidade funcional (Aspaber), desenvolveranse dúas xornadas organizadas pola Asociación Antidroga Vieiro co título “Des-Conecta” e nas que se tratará sobre o uso seguro das novas tecnoloxías.

A psicóloga Lara Periscal Taibo abordará coas persoas participantes diversos aspectos coa finalidade de dotar de coñecementos básicos aos usuarios/as sobre o mundo dixital e as ferramentas tecnolóxicas que máis se utilizan. Entre os contidos figuran como facer un uso responsable das novas tecnoloxías, conceptos tecnolóxicos que utilizan na súa vida cotiá, riscos asociados a unha utilización irresponsable dos dispositivos e o uso da internet.

O obxectivo deste taller, explican dende Vieiro, é ofrecer información coa finalidade de dotar aos/as asistentes de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun modo saudable e responsable.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D