Exposición da AECC "50 anos cambiando a historia do cancro"
Do xoves 1 de setembro ata o venres 16 de setembro do 2022 Mercado Municipal de Abastos Benestar
O Mercado Municipal de Abastos acolle do 1 ao 16 de setembro a exposición 50 anos cambiando a historia do cancro, unha iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro que recolle os fitos máis relevantes do último medio século de investigación que contribuíron a lograr grandes avances no diagnóstico e no tratamento do cancro. A mostra pode verse no horario do mercado nun dos postos exteriores aos que se accede dende a rúa Cervantes.
Dende a creación da Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro, no ano 1971, foi posible dar resposta a numerosos retos que foi presentando a enfermidade. Na actualidade, a AECC é a entidade social privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 92 millóns de euros en 525 proxectos vivos nos que traballaron e traballan un milleiro de investigadores/as.