Inicio Carballo ao día Axenda Cartel de luxo no 25º aniversario do Xiria...

Cartel de luxo no 25º aniversario do Xiria Pop

Do venres 23 de setembro ata o sábado 24 de setembro do 2022 21.00 horas - Casino1889 Cultura

Manu Gastado & The Kosmik Tuwaregs (País Vasco), Pepsi & The Clits (Almería), Germán Salto (Madrid), The Cleopatras (Italia), Lamprea Explosiva (Vigo), Martin Savage & The Jiggerz (Londres), Buffalo (León) e os cabeza de cartel Asteroid B-612 (Australia), que recalan en Carballo na súa primeira xira por territorio español, conforman o cartel dun Xiria Pop moi especial, porque o festival promovido polo Concello de Carballo cumpre 25 anos.

Este ano o Xiria Pop celebrarase no Casino 1889, que abrirá as súas portas tanto venres coma sábado ás 21.00 horas, e ademais haberá unha sesión vermú o sábado no Logradouro. Polas limitacións de espazo, só se poñen á venda 120 bonos para os dous días a un prezo de 15 euros, e podes mercalos aquí.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4