Inicio Carballo ao día Axenda Participa na limpeza simultánea de...

Participa na limpeza simultánea de ríos con Adega

Domingo 25 de setembro do 2022 10.30 horas - Ponte da Cepeira Participación veciñal

A XV Limpeza Simultánea Móllate polos ríos chega de novo a concellos de toda Galiza, coa participación de máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…).

A limpeza realizarase o 25 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. En Carballo realizará a coordinación da limpeza María Canedo, de Adega, coa que podes contactar para inscribirte no enderezo electrónico m.canedo@udc.es.

Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza. Todos os datos sobre a xornada están na páxina web http://proxectorios.org/limpeza/. En Carballo, o punto de encontro será a ponte da Cepeira, na parroquia de Sísamo, preto da desembocadura do rio Rosende.

O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D