Celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama coa AECC
Do mércores 19 de outubro ata o xoves 20 de outubro do 2022 Casa do Concello e Biblioteca Rego da Balsa Benestar
O 19 de outubro é o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Coincidindo con esta xornada, a xunta local da Asociación Española contra o Cancro ten programadas varias actividades, entre elas a instalación dunha mesa informativa durante a mañá do xoves 20 na Praza do Concello (no caso de choiva trasladarase ao mercado municipal de abastos).
O Concello de Carballo tamén se suma a esta conmemoración coa iluminación de cor rosa da casa do concello e da Bblioteca Rego da Balsa.