A reforma laboral, a debate na Axober Work Party
Xoves 3 de novembro do 2022 19.00 horas - Fórum Carballo Promoción Económica
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños, en colaboración co Concello de Carballo, organiza unha nova edición da Axober Work Party, un espazo de intercambio de experiencias para autónomos e empresas que nesta ocasión regresa ao formato presencial, tras dous anos consecutivos de celebración telemática debido á pandemia.
A xornada, que terá lugar o xoves 3, ás 19.00 horas, no auditorio do Fórum Carballo, xirará arredor da Reforma laboral: aspectoa claves” co fin de abordar e analizar as principais novidades desta polémica lei, incidindo especialmente nos seguintes aspectos:
- Limitación á contratación temporal
- Recuperación da ultraactividade dos convenios colectivos
- Subcontratación, convenio colectivo de aplicación
- Novo contrato formativo
- Mecanismo rede de flexibilidade
- Sector da construción, modificación contrato de obra
- Contratos fixos-descontinuos
- Reforma de Lei de Infraccións e Sancións. Reforzo do papel da ITSS
O evento contará con tres relatores especializados na materia: Javier Fernández Travieso, licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e funcionario de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social da Coruña, con ampla experiencia en conferencias sobre dereito do traballo, seguridade social e prevención de riscos laborais; Carlos Puga Tigrás, avogado da Asesoría Cervantes, e Manuel Loureiro Souto, graduado social e xerente de Alea Asesores, ambos con gran experiencia no ámbito do asesoramento laboral.
As persoas interesadas en asistir á sesión, que será de balde pero con aforo limitado, deberán formalizar a súa inscrición a través do teléfono da asociación 981 756 313 ou no correo electrónico informacion@axober.org ata o vindeiro día 3 ás 14:00 h.