Inicio Carballo ao día Axenda Entrega de premios do Concurso de cartel e...

Entrega de premios do Concurso de cartel e programa de Nadal

Sábado 17 de decembro do 2022 11.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Cartel gañador

Cartel gañador

Este sábado 17 de decembro farase a entrega dos premios do Concurso de cartel e programa de Nadal, realizado, un ano máis, coa colaboración dos centros escolares. O acto celebrarase finalmente ás 11.30 horas, no salón de actos do Pazo da Cultura.

Postal gañadora

Postal gañadora

O primeiro premio, que ilustrará o cartel do Nadal Cultural e que consiste nun agasallo valorado en 175 euros, correspondeu a David Martínez Botana, de 5 anos e alumno do CEIP Xesús San Luís Romero. Tal como establecen as bases, o centro escolar ao que pertenza o/a gañador/a deste galardón recibirá tamén 150 euros en material didáctico. Este ano, polo tanto, o premio é para o CEIP Xesús San Luís Romero.

O segundo premio, valorado en 100 euros, é para Paula Andrade Valín, de 11 anos e alumna do CEIP Fogar. O seu debuxo ilustrará a postal co programa do Nadal Cultural.

Ademais, concédense os seguintes accésits, que recibirán premios por un valor aproximado de 60€:

  • Lucía Lois Cousillas, 10 anos, alumna do CEIP A Cristina
  • María Penedo Grobas, 11 anos, do CEIP Fogar
  • Nael Baña Costa, 4 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
  • Alexandre Trigo Sánchez, de 8 anos, do CEIP Bergantiños
  • Cristina Suárez Gómez, de 11 anos, do CEIP Canosa- Rus

O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta usarase para felicitar festas do Nadal desde o Concello e tamén como portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.

O xurado estivo integrado por alumnado dos colexios A Cristina e Gándara-Sofán; o presidente de Afaber, Jesús Villar; a deseñadora gráfica María Pereira; a monitora cultural do Concello de Carballo María Martínez e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo.

Nesta edición presentáronse un total de 1.217 debuxos realizados por escolares dos centros Canosa-Rus, Bergantiños, Fogar, Xesús San Luís Romero, Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, A Cristina, Artai e CRA Ponte da Pedra. Parabéns a todos/as os/as participantes!

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D