A AECC convídate a participar nun lazo humano contra o cancro
Sábado 4 de febreiro do 2023 12.00 horas - Praza do Concello Benestar
O 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro, e desde a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Carballo convídante a participar na elaboración dun lazo humano para apoiar simbolicamente aos miles de pacientes e familias que se enfrontan á enfermidade.
Toma nota:
- Cando? O 4 de febreiro
- A que hora? Ás 12:00 h
- Onde? Na Praza do Concello
Ven coa túa familia, amizades, veciñas... todos e todas somos necesarios!